Home
LiveJournal
Blog
Enlaces
Contacta con VIRIATO
Galerías
Login Form
Username

Password

Recuérdame
Pista Password
Sin Cuenta? Crea una
XORNADAS MICOLÓXICAS DE FENE 2009
13-11-2009 a las 04:30:28


PROGRAMA DE ACTIVIDADES

DAS XI XORNADAS MICOLOXÍCAS DE FENE

A CELEBRAR

DO 18 O 22 DE NOVEMBRO DO ANO 2009

OBRADOIROS:

Terán lugar na nova Sede Social de Viriato, na Armada,  dende o mercores día 18 ao Venres día 20 de novembro, das 17 ás 19 horas.

Obradoiro de Identificación de Cogomelos:

Os días 18 e 19 impartirase o obradoiro de introducción á clasficación dos cogomelos, que terá como fin  dar a coñecer, de xeito práctico, unha sistemática de clasificación de cogomelos baseada nas características morfolóxiicas, organolépticas e microscópicas.

Na impartición disporase de Ordenador e Canón para a presentación das características dos cogomelos, Guias de clasificación de manexo individual, varios Microscopios a compartir en grupo, os Reactivos químicos, Cartons de esporadas e os cogomelos a clasificar.

Obradoiro de cociña de cogomelos:

Dous cociñeiros expertos en cociña de cogomelos dirixirán os grupos do obradoiro de cociña para que, traballando en equipo, fagan cada un o seu prato según a receta explicada.

No desenvolvemento disporase dos aparellos de cociña, os  alimentos e condimentos a cociñar, as recetas impresas e os cogomelos silvestres necesarios.

Para realizar o obradoiro os interesados terán que solicitalo, ao menos,  unha semana antes do inicio, inscribíndose, ben no Concello ou na Asociación, sendo o número máximo, por razoes de espacio, de 25 asistentes.

A Asociación Micolóxica Viriato dará publicidad á Semana Micolóxica mediante o diseño de Carteis anunciadores e Dipticos co o programa que serán repartidos polos locales públicos do Concello. Asimesmo fará comunicacions a os Medios de Información Locais.

CLASIFICACION DE COGOMELOS:


Todos os luns do outono, terase aberto o novo local da Asociación, na

Armada, das 19 horas ás 20 horas para clasificar os cogomelos que os veciños

de Fene desexen coñecer

EXCURSION ESCOLAR E TALLER DE PLASTICA

Invitarase a  visitar o Parque Micolóxico e o Muiño da Barcia do rio Belelle. No muiño  daranse aos nenos material para facer  o taller de plástica e debuxo inspirandose no mundo dos Cogomelos, a conservación do medioambiente e o desenvolvemento sostido.

CHARLAS  MICOLÓXICA OS NENOS DO CONCELLO 

Invitarase ás Escolas de Primaria de Fene a recibir charlas do mundo dos cogomelos e defensa do mediambiente.

EXCURSIÓN MICOLÓXICA ÓS MONTES DA COMARCA 

O sábado día 21 de novembro farase a saida ao monte, as nove da mañá, dende a sede de Agarimo en Sillobre, para iniciar a todas as persoas que o desexen na recolección e identificación de Cogomelos, sendo acompañados por membros da directiva da Agrupación Micolóxica Viriato a recorrer o monte  da bisbarra.

De volta do monte procederase á clasificación das especies recollidas, facendo especial incape nas toxicas.

DEGUSTACIÓN POPULAR DE COGOMELOS

O domingo día 22 de novembro, coincidendo coa Feira de Perlio, os membros da Xunta Directiva e socios de Asociación Micolóxica Viriato prepararán unha degustación popular con Cogomelos que se recollerán na comarca de Fene e en outros  montes Galegos.

A preparación farase na sede da Asociación de Veciños de Perlio e a degustación terá lugar unha que a sociedade Viriato montará na fronte de dita  sede.

4

 

Última Actualización ( 13-11-2009 a las 04:54:45 )
NOVA ESTÉTICA
30-10-2008 a las 11:29:58

Hemos cambiado un poco la imágen de la página de VIRIATO...

NOVO VIRIATO 

Última Actualización ( 26-08-2009 a las 09:50:59 )
Leer más...
ACTIVIDADES PARQUE MICOLOXICO
Contribuído por José Miguel Solano Molina   
20-10-2007 a las 13:40:25
SOCIEDAD MICOLÓGICA VIRIATO TEMPORADA 2007/08 
 

PARQUE MICOLÓGICO DEL RÍO BELELLE 
 
 

    PROGRAMA DE ACTUACIONES EN EL PARQUE: 

Leer más...
<< Inicio < Anterior 1 2 Siguiente > Final >>

Calendario Actos
Marzo 2010 Abril 2010
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
Encuestas
En Línea