PROGRAMA DE ACTIVIDADES
DAS XI XORNADAS MICOLOXÍCAS DE FENE
A CELEBRAR
DO 18 O 22 DE NOVEMBRO DO ANO 2009
OBRADOIROS:
Terán lugar na nova Sede Social de Viriato, na Armada, dende o mercores día 18 ao Venres día 20 de novembro, das 17 ás 19 horas.
Obradoiro de Identificación de Cogomelos:
Os días 18 e 19 impartirase o obradoiro de introducción á clasficación dos cogomelos, que terá como fin dar a coñecer, de xeito práctico, unha sistemática de clasificación de cogomelos baseada nas características morfolóxiicas, organolépticas e microscópicas.
Na impartición disporase de Ordenador e Canón para a presentación das características dos cogomelos, Guias de clasificación de manexo individual, varios Microscopios a compartir en grupo, os Reactivos químicos, Cartons de esporadas e os cogomelos a clasificar.
Obradoiro de cociña de cogomelos:
Dous cociñeiros expertos en cociña de cogomelos dirixirán os grupos do obradoiro de cociña para que, traballando en equipo, fagan cada un o seu prato según a receta explicada.
No desenvolvemento disporase dos aparellos de cociña, os alimentos e condimentos a cociñar, as recetas impresas e os cogomelos silvestres necesarios.
Para realizar o obradoiro os interesados terán que solicitalo, ao menos, unha semana antes do inicio, inscribíndose, ben no Concello ou na Asociación, sendo o número máximo, por razoes de espacio, de 25 asistentes.
A Asociación Micolóxica Viriato dará publicidad á Semana Micolóxica mediante o diseño de Carteis anunciadores e Dipticos co o programa que serán repartidos polos locales públicos do Concello. Asimesmo fará comunicacions a os Medios de Información Locais.
CLASIFICACION DE COGOMELOS:
Todos os luns do outono, terase aberto o novo local da Asociación, na
Armada, das 19 horas ás 20 horas para clasificar os cogomelos que os veciños
de Fene desexen coñecer
EXCURSION ESCOLAR E TALLER DE PLASTICA
Invitarase a visitar o Parque Micolóxico e o Muiño da Barcia do rio Belelle. No muiño daranse aos nenos material para facer o taller de plástica e debuxo inspirandose no mundo dos Cogomelos, a conservación do medioambiente e o desenvolvemento sostido.
CHARLAS MICOLÓXICA OS NENOS DO CONCELLO
Invitarase ás Escolas de Primaria de Fene a recibir charlas do mundo dos cogomelos e defensa do mediambiente.
EXCURSIÓN MICOLÓXICA ÓS MONTES DA COMARCA
O sábado día 21 de novembro farase a saida ao monte, as nove da mañá, dende a sede de Agarimo en Sillobre, para iniciar a todas as persoas que o desexen na recolección e identificación de Cogomelos, sendo acompañados por membros da directiva da Agrupación Micolóxica Viriato a recorrer o monte da bisbarra.
De volta do monte procederase á clasificación das especies recollidas, facendo especial incape nas toxicas.
DEGUSTACIÓN POPULAR DE COGOMELOS
O domingo día 22 de novembro, coincidendo coa Feira de Perlio, os membros da Xunta Directiva e socios de Asociación Micolóxica Viriato prepararán unha degustación popular con Cogomelos que se recollerán na comarca de Fene e en outros montes Galegos.
A preparación farase na sede da Asociación de Veciños de Perlio e a degustación terá lugar unha que a sociedade Viriato montará na fronte de dita sede.
4